A revista do Equipo de Dinamización do Aquis vén editándose desde o ano 2000… semella que foi onte!
Podedes acceder a todos os exemplares nesta ligazón na web do centro.
A revista do Equipo de Dinamización do Aquis vén editándose desde o ano 2000… semella que foi onte!
Podedes acceder a todos os exemplares nesta ligazón na web do centro.
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Aquis quere animarvos a seguir movendo a nosa Lingua en todos os ámbitos, incluíndo as redes sociais máis empregadas. Unha destas redes é Tiktok; nela apenas hai contido en galego, así que creamos a nosa conta @aquisfalamos e animámoste a participar nesta campaña de dinamización:
crea o teu vídeo en galego, debe conter a frase: “Cando falo galego…”, súbeo a Tiktok e compárteo con nós a través do whatsapp (enviándoo ao número 654838767) ou ben a través do correo, envía a ligazón a aquisfalamos@gmail.com co asunto “Cando falo galego… ” Tanto se o envías por whatsapp como por correo, indica o teu nome e apelidos, curso e grupo.
Imos rebentar Tiktok!
Ao final de cada semana compartirémosvos o vídeo máis creativo a través da canle de TikTok, Instagram e whatsapp.
O confinamento cambiouno todo
O cambio é remexedura
espiral de sentimentos
palabras
imaxes
sons
Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Aquis Celenis queremos axudarvos a canalizar os sentimentos que se remexen dentro de vós. Propoñémosvos que a través da palabra, das imaxes, dos sons ou de calquera outro tipo de soporte deixedes saír os sentimentos que o confinamento vos espertou.
A temática das creacións será xusto esa: o tempo de confinamento e corentena. Expresade o que sentides no voso día a día, as expectativas de futuro, o que vedes a través da fiestra, como mudaron as relacións coa familia e as amizades, os desacougos ou incertezas desta situación…
O soporte das vosas creacións é totalmente libre: palabras (poemas, microrrelatos, haikus…), imaxes (collages, fotografías, videopoemas…), sons (paisaxes sonoras, cancións, poemas recitados…).
«As boas razóns cautivan os corazóns» e esta Espiral de Creación Viral ten dous argumentos potentes para poñervos a crear:
Podedes poñervos a crear XA! O prazo para o envío das vosas creacións confinadas estará aberto mentres non volvamos ás aulas. Facédenos chegar a canalización da vosa creatividade a aquisfalamos@gmail.com. No asunto do correo electrónico debedes poñer “Espiral de Creación Viral”.
Fai o que che pete, pero fai algo! En comunidade creamos espirais de alento e de coidado, estruturas que nos axudan a continuar co ánimo alto no camiño e que han contribuír a que saiamos reforzadas desta emerxencia.
Amigas e amigos, alumnado e profesorado, colaboradoras e colaboradores do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua do Aquis: con atraso (polo que pedimos desculpas) publicamos a revista que da visibilidade ao traballo do ENDL no curso 2018-19.
Como sempre hai que tratar de sacar algo positivo… esta publicación tardía pode animar a quenes aínda non o fan a colaborar con nós no curso 2019-20. Queremos ser moitos/as máis!
Agardámoste!
Xa temos a revista deste curso. Ao haber moito máis contido do que podemos amosar nunhas páxinas impresas optamos por “aumentala” engadindo códigos QR para que poidades acceder a vídeos, fotos…
Agardamos que a disfrutedes!
Co final do curso chega tamén o novo número da nosa revista. Nela tendes un pouco de todo: creación, entrevistas, reportaxes… e unha escolma de fotos de actividades. Grazas a todo o alumnado e profesorado que colaborou. Pasade un bo verán!!!
Despedimos o curso coma sempre coa publicación da revista do noso GRAN EQUIPO o Ruxe Ruxe que ano tras anos esparexemos polo mundo adiante. Encántanos facer memoria das actividades que fixemos ao longo do curso, do tempo que pasamos xuntos e xuntas traballando pola nosa lingua, dándolle voltas a ideas que acaban sendo feitos ou non…
Para nós esta revista é algo moi grande porque reflicte o que somos e o que nos importa. Agardamos que gostedes dela.
“¡Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é para menos. Porque nel baleiro todo o que sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas: para dicir a verdade ou para arredarse dela.”
Balbino en Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
Hoxe, ás sete da tarde no Auditorio de Caldas, celebraremos o Día do Libro cunha fermosa homenaxe a Xosé Neira Vilas.
Queremos aproveitar a ocasión para facervos un fermoso agasallo: máis de corenta libros en galego listos para a descarga en distintos formatos ou para ler en liña dende a páxina “A Retallaría“