Manteis e trípticos para a hostalaría

Fomentar o uso do galego por parte do alumnado, do profesorado e da comunidade educativa é a finalidade do proxecto interdisciplinario “As palabras no camiño II”

Para lograr a maior difusión posible, o alumnado do EDLG deseñou manteis e trípticos con acceso mediante códigos QR aos 23+9 vídeos para a hostalaría e  o comercio de Caldas de Reis que, coa colaboración do Concello, serán distribuídos na vila.

Agroma a esperanza

Agroma a esperanza é o título dun poema colectivo creado remexendo os pés de foto que o profesorado do Aquis colocou nas imaxes que ven desde o seu confinamento.

Agroma a esperanza é tamén unha posta en valor: fóra das nosas ventás a vida continúa e, dentro, aprendemos a valorar mellor a beleza inmensa que nos acubilla.
Isto foi o que vimos o profesorado do Aquis Celenis ao abrirmos as fiestras da nosa casa.

REGUEIFANDO EN VALADARES

No Aquis regueifamos. Despois dun divertidísimo obradoiro con Pinto de Herbón, alá foi, a Valadares, un grupo de rapaces e rapazas do noso centro. E alí estiveron improvisando poesía na Mostra de regueifa de I.E.S ponevedreses.  Grazas Andrea, Carla, David, Pedro, Antón e Yoel por facernos pasar unha mañá tan divertida. Sodes uns brav@s.

MAIO DAS LETRAS

O pasado día 24 de maio celebramos no Aquis o “Maio das letras” cun recital-concerto que foi un éxito total!

Compartimos con vós un vídeo que recolle unha parte desta festa do galego

RECITAN

Serxio Abalo, Fátima Barros e Lucía Razzouki, Pedro Lamas e Lois Gil.

CABINA 402

Miguel Froján (guitarra e voz)

Mateo Laya (baixo)

Miguel Romero (guitarra solista)

Anxo Xesteira (batería)

Pablo Rodríguez (violín)

REPERTORIO

 A chaqueta de lana Heredeiros da Crus. Heroes da resistencia Nao. Non é ficción Pauliña. Mil berros Daquidarría. Miña terra Siniestro Total. Zulema Anxo Xesteira. Camiños Pauliña. Acción galega Popular. Non todo é o que parece Xabarín Club. Xamón Xabarín Club. Eu quero josar Heredeiros da Crus.