Arranca de novo o Equipo de Normalización da Lingua!

O pasado martes 28 de setembro comezou o traballo do Equipo da Lingua neste curso 2021-2022.

Ademais de profesorado, vinte alumnas e alumnos quixeron implicarse na tarefa de seguir afondando na identificación do Aquis Celenis co prestixio da lingua a través da creatividade, a innovación, … 

Presentáronse as liñas de traballo para os seguintes meses: implicación no proxecto interdisciplinar Poesía para pasear o mundo, na radio Ferven as ondas, na revista Ruxe Ruxe, en campañas e actividades de promoción da lingua (propias ou da Coordenadora comarcal): o voluntariado lingüístico, a Semana das Letras, a Festa da Lingua, …

Se queredes achegar algunha suxestión ou proposta podedes facelo:

Asistindo as xuntanzas que teremos os martes á hora de xantar, cada dúas semanas, no propio centro. O Equipo está sempre aberto a novas incorporacións!

A través do noso enderezo de correo electrónico: aquisfalamos@gmail.com

En Instagram: @aquisfalamos

Avante coa lingua!

Cando falo galego… son protagonista!

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Aquis quere animarvos a seguir movendo a nosa Lingua en todos os ámbitos, incluíndo as redes sociais máis empregadas. Unha destas redes é Tiktok; nela apenas hai contido en galego, así que creamos a nosa conta @aquisfalamos e animámoste a participar nesta campaña de dinamización:

crea o teu vídeo en galego, debe conter a frase: “Cando falo galego…”, súbeo a Tiktok e compárteo con nós a través do whatsapp (enviándoo ao número 654838767) ou ben a través do correo, envía a ligazón a aquisfalamos@gmail.com co asunto “Cando falo galego… ” Tanto se o envías por whatsapp como por correo, indica o teu nome e apelidos, curso e grupo.

Imos rebentar Tiktok!

Ao final de cada semana compartirémosvos o vídeo máis creativo a través da canle de TikTok, Instagram e whatsapp.

Normalizar a lingua

O Equipo de Dinamización e Normalización do Aquis quere darvos a benvida ao curso 2020-2021 que, como sabedes, está a ser un ano de moitos cambios.

Por iso tardamos algo máis en empezar coas actividades, propostas, campañas… mais agora xa estamos preparados e preparadas para empezar!

Fainos chegar as túas ideas a través de:

correo electrónico: aquisfalamos@gmail.com

Instagram: @aquisfalamos

Benvidos/as!!!!