RUXE RUXE Nº 18

Despedimos o curso coma sempre coa publicación da revista do noso GRAN EQUIPO o Ruxe Ruxe que ano tras anos esparexemos polo mundo adiante. Encántanos facer memoria  das actividades que fixemos ao longo do curso, do tempo que pasamos xuntos e xuntas traballando pola nosa lingua, dándolle voltas a ideas que acaban sendo feitos ou non…

Para nós esta revista é algo moi grande porque reflicte o que somos e o que nos importa. Agardamos que gostedes dela.

FELIZ VERÁN  PARA TODOS E TODAS!

FÁTIMA, PABLO E MIGUEL GAÑADORES DO SONDOUMIA

Fátima Barros, Pablo Rodríguez e Miguel Froján xa recibiron o seu premio, unha gravación nos Estudos Edisco da Estrada, por ser os gañadores do “Sondoumia” de secundaria deste ano. O tema xa nos encantou en directo e agora, coa limpeza da gravación en estudo profesional, temos unha xoia!

PARABÉNS DE NOVO!!!

 

MAIO DAS LETRAS

O pasado día 24 de maio celebramos no Aquis o “Maio das letras” cun recital-concerto que foi un éxito total!

Compartimos con vós un vídeo que recolle unha parte desta festa do galego

RECITAN

Serxio Abalo, Fátima Barros e Lucía Razzouki, Pedro Lamas e Lois Gil.

CABINA 402

Miguel Froján (guitarra e voz)

Mateo Laya (baixo)

Miguel Romero (guitarra solista)

Anxo Xesteira (batería)

Pablo Rodríguez (violín)

REPERTORIO

 A chaqueta de lana Heredeiros da Crus. Heroes da resistencia Nao. Non é ficción Pauliña. Mil berros Daquidarría. Miña terra Siniestro Total. Zulema Anxo Xesteira. Camiños Pauliña. Acción galega Popular. Non todo é o que parece Xabarín Club. Xamón Xabarín Club. Eu quero josar Heredeiros da Crus.

VII FESTA DA LINGUA

Hoxe, no Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. As presentadoras, Blanca e Uxía, fíxeron un grandísimo traballo, improvisando, saíndo ao paso dos erros de organización, inevitables coma sempre.

Parabéns ás dúas polo voso entusiasmo!

DSC_0491

Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “devagar” escollidos pola escritora Andrea Maceiras como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e puxéronllo moi difícil a Amós Varela (batería de NAO) para escoller os traballos gañadores. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2016”, premio á implicación no uso do galego no sector xurídico,  ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº 1 de Caldas e, na súa representación, á xuiza Encarnación Dasi Dorelle.

montaxe2

Rematamos co desexo de volver celebrala o próximo ano, porque o talento e o galego ben merecen unha festa!

Cantamos, lemos, rimos, pasámolo moi ben!

UNHA FESTAZA!!!