Achégase o Día das Letras

Achégase o Día das Letras, que este ano se adica a Xela Arias. No Aquis levamos un tempo preparando actividades para homenaxeala, que faremos públicas axiña, pero mentres podedes ver no Portal da Lingua Galega as exposicións e as guías didácticas das dúas mostras gañadoras do Concurso-exposición das Letras Galegas deste curso: https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas. Na mesma ligazón atoparedes outras actividades relacionadas con Xela Arias que tamén se están a realizar nos centros educativos.

Pola súa parte, a Real Academia Galega tamén ofrece na súa web https://academia.gal/letras-galegas/2021/xela-arias unha ampla variedade de iniciativas sobre a autora, desde unha serie documental ou micropezas audiovisuais a recursos lúdicos e didácticos.

Animámosvos a botarlle un ollo!

Cando falo galego… son protagonista!

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do Aquis quere animarvos a seguir movendo a nosa Lingua en todos os ámbitos, incluíndo as redes sociais máis empregadas. Unha destas redes é Tiktok; nela apenas hai contido en galego, así que creamos a nosa conta @aquisfalamos e animámoste a participar nesta campaña de dinamización:

crea o teu vídeo en galego, debe conter a frase: “Cando falo galego…”, súbeo a Tiktok e compárteo con nós a través do whatsapp (enviándoo ao número 654838767) ou ben a través do correo, envía a ligazón a aquisfalamos@gmail.com co asunto “Cando falo galego… ” Tanto se o envías por whatsapp como por correo, indica o teu nome e apelidos, curso e grupo.

Imos rebentar Tiktok!

Ao final de cada semana compartirémosvos o vídeo máis creativo a través da canle de TikTok, Instagram e whatsapp.

HOMENAXE A NEIRA VILAS. DÍA DO LIBRO

tumblr_ny0efdERSK1risr9ko1_500

“¡Se eu fixese un libro! Nin falar. Ogallá que non me atopen o caderno. Daríame vergoña. E non é para menos. Porque nel baleiro todo o que sinto. Moi pouca xente o fai. Todos abren o peteiro para dúas cousas: para dicir a verdade ou para arredarse dela.”

Balbino en Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas

Hoxe, ás sete da tarde no Auditorio de Caldas, celebraremos o Día do Libro cunha fermosa homenaxe a Xosé Neira Vilas.

NON FALTEDES!

Queremos aproveitar a ocasión para facervos un fermoso agasallo: máis de corenta libros en galego listos para a descarga en distintos formatos ou para ler en liña dende a páxina “A Retallaría

retallaria

CIENCIA EN GALEGO

“Todo o que somos cada un de nós, o que percibimos, o noso “eu”, as emocións cotiás, todo iso é unha construción elaborada por unha máquina que levamos dentro do cranio: o encéfalo. Aí dentro temos miles de millóns de células, as neuronas, que utilizan a electricidade para comunicarse entre elas e, dese xeito, crear a mente e a realidade. Como funciona esa máquina da mente? A onde vai o “eu” cando durmimos? Poden construírse máquinas artificiais que teñan mente?”

MAÑÁ VIDEOCONFERENCIA CON XURXO MARIÑO

CIENCIA EN GALEGO