Carlos Negro no Aquis

O escritor Carlos Negro, autor de libros como Makinaria ou Penúltimas tendencias pasou polo Aquis para realizar un taller co alumnado e tamén foi entrevistado polo ENDLG.

Velaí vos deixamos o podcast desa entrevista:

Ir a descargar

E xa que estamos a falar de Carlos Negro, dúas alumnas de 3º ESO, Águeda e Valeria, crearon este videopoema a partires de Adolescencia (poema deste autor):

Programa 0 da radio do ENDLG

Xa está aquí o programa 0 da radio do Equipo de Dinamización da Lingua do Aquis, que vén cargadiño coas seguintes seccións: 


– Como din coa lingua no Aquis?
– Entrevista a unha profesora de fóra de Galicia. 
– E ti que opinas?
– Especial do Día Internacional da Poesía.
– Despedida e reflexión final. 

Esperamos que vos guste!

Go to download

CONCURSO SONIGRAMAS

No primeiro trimestre propuxemos desde o equipo de Normalización este concurso que consistía en, partindo de audios con mesturas de diferentes sons, crear un relato que os transformara nunha historia.

As persoas gañadoras foron Noa Seijo Martínez e Damián López Piñeiro de 3º ESO B.
Velaí vos deixamos o audio:

<a href=”https://www.ivoox.com/programa-1-sonigramas-audios-mp3_rf_46628043_1.html&#8221; title=”Programa 1. Sonigramas”>Ir a descargar</a>

 

Entrevista a Eli

Como sabedes, no Aquis temos a “teima” de defender a diversidade en calquera ámbito. A nosa sociedade é rica precisamente por estar formada por persoas diversas, tamén no eido afectivo-sexual. Para traballar isto tivemos a oportunidade de contar con Eli, representante dun dos colectivos máis activos neste senso a nivel galego. Aquí tedes o audio da entrevista que lle fixemos.

Ir a descargar

Samaín ou Halloween?

O alumnado e profesado do Equipo de normalización queixo sondear a opinión do alumnado do Aquis arredor dunha festividade que nós xa tiñamos na nosa tradición e que agora está sendo sustituída por tradicións foráneas que son moi publicitadas polos diferntes medios de comunicación. Velaí vos deixamos coas súas opinións!