RUXE RUXE Nº 18

Despedimos o curso coma sempre coa publicación da revista do noso GRAN EQUIPO o Ruxe Ruxe que ano tras anos esparexemos polo mundo adiante. Encántanos facer memoria  das actividades que fixemos ao longo do curso, do tempo que pasamos xuntos e xuntas traballando pola nosa lingua, dándolle voltas a ideas que acaban sendo feitos ou non…

Para nós esta revista é algo moi grande porque reflicte o que somos e o que nos importa. Agardamos que gostedes dela.

FELIZ VERÁN  PARA TODOS E TODAS!

MAIO DAS LETRAS

O pasado día 24 de maio celebramos no Aquis o “Maio das letras” cun recital-concerto que foi un éxito total!

Compartimos con vós un vídeo que recolle unha parte desta festa do galego

RECITAN

Serxio Abalo, Fátima Barros e Lucía Razzouki, Pedro Lamas e Lois Gil.

CABINA 402

Miguel Froján (guitarra e voz)

Mateo Laya (baixo)

Miguel Romero (guitarra solista)

Anxo Xesteira (batería)

Pablo Rodríguez (violín)

REPERTORIO

 A chaqueta de lana Heredeiros da Crus. Heroes da resistencia Nao. Non é ficción Pauliña. Mil berros Daquidarría. Miña terra Siniestro Total. Zulema Anxo Xesteira. Camiños Pauliña. Acción galega Popular. Non todo é o que parece Xabarín Club. Xamón Xabarín Club. Eu quero josar Heredeiros da Crus.

VII FESTA DA LINGUA

Hoxe, no Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. As presentadoras, Blanca e Uxía, fíxeron un grandísimo traballo, improvisando, saíndo ao paso dos erros de organización, inevitables coma sempre.

Parabéns ás dúas polo voso entusiasmo!

DSC_0491

Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “devagar” escollidos pola escritora Andrea Maceiras como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e puxéronllo moi difícil a Amós Varela (batería de NAO) para escoller os traballos gañadores. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2016”, premio á implicación no uso do galego no sector xurídico,  ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº 1 de Caldas e, na súa representación, á xuiza Encarnación Dasi Dorelle.

montaxe2

Rematamos co desexo de volver celebrala o próximo ano, porque o talento e o galego ben merecen unha festa!

Cantamos, lemos, rimos, pasámolo moi ben!

UNHA FESTAZA!!!

CONCURSO DE MICROTEXTOS “TERRAS DO UMIA”

devagardifinitivooo

Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

Bases do concurso:

  • Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
  • Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.
  • Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
  • Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
  • A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “DEVAGAR”.
  • O prazo límite para enviar os textos será o 20 de febreiro de 2016.

Categorías:

  • A: Infantil

  • B.1: 1º ciclo de primaria.

  • B.2: 2º ciclo de primaria.

  • B.3: 3º ciclo de primaria

  • C: Secundaria

  • D: Bacharelato.

  • E: Profesorado, persoal non docente e familias.

Premios:

Un xurado formado polos coordinadores/as dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos distintos centros participantes e por unha persoa de recoñecido prestixio no mundo literario, concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.

Para participar no concurso de Microtextos debes enviar o teu traballo  dende a seguinte ligazón:

http://cotovia.org/micro/concursomicro.php

VI FESTA DA LINGUA

Hoxe, no Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “cincocentas” escollidos polo escritor Carlos Negro como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e  puxéronllo moi difícil a García Mc (Dios Ke Te Crew) para escoller os traballos gañadores. Pero, como el dixo parafraseando a Galeano, “todos xogamos, todos o pasamos ben”. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2015”, premio á implicación no uso do galego no sector sanitario, á “Botica Casal” de Moraña.

collage

MOITA CREATIVIDADE E MOITO TALENTO

UNHA FESTAZA!

Aquí están os temas presentados no noso centro ao concurso “Sondoumia”

E estes son os textos finalistas do “Concurso de Microtextos Terras do Umia”

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!