RUXE RUXE Nº 18

Despedimos o curso coma sempre coa publicación da revista do noso GRAN EQUIPO o Ruxe Ruxe que ano tras anos esparexemos polo mundo adiante. Encántanos facer memoria  das actividades que fixemos ao longo do curso, do tempo que pasamos xuntos e xuntas traballando pola nosa lingua, dándolle voltas a ideas que acaban sendo feitos ou non…

Para nós esta revista é algo moi grande porque reflicte o que somos e o que nos importa. Agardamos que gostedes dela.

FELIZ VERÁN  PARA TODOS E TODAS!

FÁTIMA, PABLO E MIGUEL GAÑADORES DO SONDOUMIA

Fátima Barros, Pablo Rodríguez e Miguel Froján xa recibiron o seu premio, unha gravación nos Estudos Edisco da Estrada, por ser os gañadores do “Sondoumia” de secundaria deste ano. O tema xa nos encantou en directo e agora, coa limpeza da gravación en estudo profesional, temos unha xoia!

PARABÉNS DE NOVO!!!

VII FESTA DA LINGUA

Hoxe, no Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. As presentadoras, Blanca e Uxía, fíxeron un grandísimo traballo, improvisando, saíndo ao paso dos erros de organización, inevitables coma sempre.

Parabéns ás dúas polo voso entusiasmo!

DSC_0491

Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “devagar” escollidos pola escritora Andrea Maceiras como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e puxéronllo moi difícil a Amós Varela (batería de NAO) para escoller os traballos gañadores. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2016”, premio á implicación no uso do galego no sector xurídico,  ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº 1 de Caldas e, na súa representación, á xuiza Encarnación Dasi Dorelle.

montaxe2

Rematamos co desexo de volver celebrala o próximo ano, porque o talento e o galego ben merecen unha festa!

Cantamos, lemos, rimos, pasámolo moi ben!

UNHA FESTAZA!!!

CONCURSO “SON DO UMIA”

bocadef

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o IV Concurso de Cancións en galego “Son do Umia” (curso 2015-2016). Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

Categorías:
Haberá dúas categorías:

  • Infantil e Primaria
  • ESO e Bacharelato

Bases:

  • Poderase participar como solista ou como grupo.
  • Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
  • As cancións teñen que estar en galego.
  • Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
  • Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
  • Poderán participar integrantes de diferentes etapas educativas no mesmo grupo (nese caso participarán pola categoría b)
  • Presentaranse as gravacións en formato WAV, Mp3 ou nun formato audiovisual (compatible cos programas máis habituais como VLC ou WMP)

Prazo e fases de presentación

Fase previa

  • Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
  • Cada centro presentará un máximo de dúas gravacións por categoría para a fase final.
  • O prazo de presentación remata o venres 15 de abril de 2016

Fase final

  • As e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da Lingua” e alí coñeceranse as/ os premiadas/-os

Xurado
Un xurado nomeado pola coordinadora Terras do Umia designará as persoas que gañaron o concurso na Festa da Lingua. Valorarase a orixinalidade das composicións.

VI FESTA DA LINGUA

Hoxe, no Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “cincocentas” escollidos polo escritor Carlos Negro como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e  puxéronllo moi difícil a García Mc (Dios Ke Te Crew) para escoller os traballos gañadores. Pero, como el dixo parafraseando a Galeano, “todos xogamos, todos o pasamos ben”. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2015”, premio á implicación no uso do galego no sector sanitario, á “Botica Casal” de Moraña.

collage

MOITA CREATIVIDADE E MOITO TALENTO

UNHA FESTAZA!

Aquí están os temas presentados no noso centro ao concurso “Sondoumia”

E estes son os textos finalistas do “Concurso de Microtextos Terras do Umia”

PARABÉNS A TODOS E A TODAS!!!

CONCURSO “SON DO UMIA”

sonaquisweb

A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o III concurso de cancións en galego “Son do Umia” (curso 2014-2015). Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

Categorías:
Haberá dúas categorías:

  •  Infantil e Primaria
  • ESO e Bacharelato

Bases:

  • Poderase participar como solista ou como grupo.
  • Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
  • As cancións teñen que estar en galego.
  • Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
  • Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
  • Poderán participar integrantes de diferentes etapas educativas no mesmo grupo (nese caso participarán pola categoría b)
  • Presentaranse as gravacións en formato WAV, Mp3 ou nun formato audiovisual (compatible cos programas máis habituais como VLC ou WMP)

Prazo e fases de presentación

Fase previa

  • Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
  • Cada centro presentará un máximo de dúas gravacións por categoría para a fase final.
  • O prazo de presentación remata o venres 13 de marzo de 2014