Paseo sonoro con Xela

Que vos parecería escoitar as letras de Xela na voz do alumnado e profesorado do Aquis e na voz da propia Xela? Para todos e todas vós, que non puidestes disfrutalo nos corredores do Aquis, deixámosvos aquí esas voces para que poidades escoitalas:

Os gañadores do concurso foron Laura Rey 4ºESO A e Diego Valiñas 1ºESO B.

Cinema Ouff Escola

Chegounos información acerca do XII Certame de Cinema Ouff Escola, concurso convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa SXPL, co obxectivo de potenciar a creatividade audiovisual en galego.

Poden presentarse todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan a materia de Lingua Galega. A inscrición debe formalizarse antes do 5 de xullo. Podedes acceder a máis información en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0128.html

Inspiraciencia

Velaí a convocatoria do X Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia, unha iniciativa que conta coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) e que relaciona ciencia e escritura dun xeito lúdico, un espazo aberto para pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar un achegamento ao pensamento científico, de forma libre e persoal, a través da creación literaria, e explorar realidades antes non imaxinadas.

O certame conta cunha única modalidade competitiva: Relato curto dunha extensión máxima de 800 palabras. e unha das categorías está reservada a xente moza de 12 a 17 anos (é dicir, menores de 18 anos na data de peche do prazo de presentación de relatos, o vindeiro 7 de xuño).

Velaquí as bases: https://www.aelg.gal/resources/upload/2020-XInspiracienciaBases.pdf

Toda a información en: https://inspiraciencia.es/gl/

Parabéns, Ana!

Hoxe temos a ledicia de publicar que Ana Loureiro Sánchez , de 2º Bacharelato, gañou o segundo premio no concurso Lingua de namorarcon este marabilloso poema:

 

Primavera

Hai margaridas

crecendo no meu peito,

xogas con elas cando me ispo

e escápaselles que te quero.

da280d53ae3cf47e34a198105abc4870_L

 

Non somos espellismos;

só un oasis no deserto.

Esfollando margaridas

volvo a agosto e ao mar,

á calor e á roupa no chan,

a dous corpos nun abismo.

Traes co vento a primavera

e fas mudar as estacións.

 

Aquí vos deixamos a interpretación de  Xermán Bugallo:

PARABÉNS, Ana!!!!

Lingua de namorar 2020

image_galleryConcurso en liña de mensaxes de amor coorganizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Está dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos que, para achegar as súas propostas, só terán que cubrir o formulario de participación. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes de ata 350 caracteres escritas en lingua galega, ben en prosa, ben en verso.

Categorías de idade e premios

Establécense dúas categorías:

  • Categoría A: mensaxes escritas por autoras e autores que teñan entre 14 e 19 anos.
  • Categoría B: mensaxes escritas por autoras e autores que teñan entre 20 e 35 anos.

Haberá tres premios por cada unha das categorías de idade:

  • 1° Bicicleta pregable NILOX X2 Plus Motor 250w Roda 16” Autonomía 25 Km.
  • 2° Tablet LENOVO ZA470057SE. 10,1” – 2/32 XB – Cámaras frontal e traseira.
  • 3° Cámara deportiva SUNSTECH Adrenaline. Vídeo 4K/30FPS. 16 Mp wi-fi.

Prazos de participación e de votación

O prazo para enviar as mensaxes remata o luns 9 de marzo.

Do 10 ao 13 de marzo abrirase o período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.

Xurado e resolución

O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

No mes de abril terá lugar a entrega de premios do concurso.

Concurso de microrrelatos da RAG e PuntoGal

Captura de pantalla 2020-02-11 a las 12.45.46

A Real Academia Galega e PuntoGal convocan o III Concurso de microrrelatos, que premiará un ano máis os mellores textos de ata 200 palabras nas categorías:  xuvenil e persoas adultas. 
O prazo de presentación dos textos permanecerá aberto todo o mes de febreiro.
As bases do concurso están dispoñibles  NESTA LIGAZÓN.