Aquí estamos, nestes tempos de incertezas, continuando con normalidade: normalizando a nosa lingua e normalizando as nosas vidas coa creatividade e o humor necesarios.
risas
Abril con fin
O 1 de abril os burros van a onde non poden ir; nós, como estamos confinados/as, quedamos na casa pero con humor e amor a esgalla!
RUXE RUXE Nº 18
Despedimos o curso coma sempre coa publicación da revista do noso GRAN EQUIPO o Ruxe Ruxe que ano tras anos esparexemos polo mundo adiante. Encántanos facer memoria das actividades que fixemos ao longo do curso, do tempo que pasamos xuntos e xuntas traballando pola nosa lingua, dándolle voltas a ideas que acaban sendo feitos ou non…
Para nós esta revista é algo moi grande porque reflicte o que somos e o que nos importa. Agardamos que gostedes dela.
FELIZ VERÁN PARA TODOS E TODAS!
APRENDE A COLOCAR OS PRONOMES
E de paso botas unhas risas…