Concurso “Son do Umia”

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o
VI Concurso de Cancións en galego “SON DO UMIA” (curso 2017-2018).
Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.CARTAZ SONDOUMIA 2018

Categorías:
Haberá dúas categorías:
A: Infantil e Primaria / B: ESO e Bacharelato
Bases:
Poderase participar como solista ou como grupo.
Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
As cancións teñen que estar en galego.
Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
Poderán participar integrantes de diferentes etapas educativas no mesmo grupo (nese caso participarán pola categoría b)
Presentaranse as gravacións en formato WAV, Mp3 ou nun formato audiovisual (compatible cos programas máis habituais como VLC ou WMP)
Prazo e fases de presentación
Fase previa
Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
Cada centro seleccionará un máximo de dúas gravacións por categoría para a fase final.
O prazo de presentación remata o venres 13 de abril de 2018
Fase final
As e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da Lingua” e alí coñeceranse as/ os premiadas/-os
Xurado
Un xurado formado polas compoñentes do grupo de música tradicional Tanxugueiras designará as persoas que gañaron o concurso na Festa da Lingua. Valorarase a orixinalidade das composicións.

 

Advertisements

Concurso de microtextos

Cartaz microtextos eivaA Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca
o Concurso de Microtextos do curso 2017-18.
Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

 

Bases do concurso:
Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de oito.
Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “EIVA”.
Cada centro realizará unha fase previa na que seleccionará dous finalistas por categoría e sección.
No IES Aquis Celenis o prazo límite para enviar os textos será o mércores 14 de marzo  de 2018.
Categorías:
A: Infantil
B: Primaria
C: Secundaria: C1 para 1º e 2º da ESO / C2 para 3º e 4º da ESO
D: Bacharelato.
E: Profesorado, persoal non docente e familias.

Premios:
Un xurado presidido por un escritor galego ( previsiblemente, Xavier Docampo) concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.
Para participar no concurso de Microtextos debes enviar o teu traballo  dende a seguinte ligazón:
http://cotovia.org/micro/concursomicro.php

Amoréate!!

Xa estamos en febreiro e volve a nosa tradicional postal do amor.
Con ela poderedes participar no concurso de textos de amor “Amo a túa lingua”, ou escribir unha mensaxe para que o equipo de dinamización lla entregue ao destinatario, ou gardala de recordo e empregala como marcapáxinas…
A base da tarxeta deste ano é unha fotografía que o alumno de 4º Gabriel Lamas realizou a varias/os alumnas/os que quixeron colaborar co EDLG.amoreate
No lema quixemos xogar co léxico: amor, morea, amorear, amorearse…. Que imaxes che evoca? Que palabras che inspira? A nós suxírenos moreas de mozos e mozas do Aquis na procura das palabras axeitadas para amorealas nun precioso texto de amor.
Amoréate a nós, a quen pensamos que para namorar (e para mercar, para pensar, para divertirse, para vivir…) nada soa máis doce e agarimoso cá nosa lingua.

De que lingua se trata?

En Europa fálanse máis de 100 linguas, moitas delas minorizadas e en risco de desaparición.

Acotío queIMG_8189.JPGre transmitirsenos a idea de que hai linguas máis importantes porque teñen máis falantes ou porque pertencen a pobos con máis poder. Mais nós reivindicamos que todas as linguas deben ter iguais dereitos, pois son o legado fundamental dos antepasados de cada pobo

No EDLG queremos visualizar a diversidade lingüística e que esta riqueza nos invite a valorar o feito de ter una lingua de nós , creada ao longo dos séculos como seña de identidade do noso pobo, a alma da terra.

Por iso animámosvos a todas/os a participar no concurso das linguas de Europa FALA COMIGO que comezará o vindeiro luns día 4 de decembro e rematará o mércores 20

Trátase de averiguar en que lingua, falada en Europa, está a mensaxe fala comigo” escrita no adhesivo que vai aparecer cada día no buzón do EDLG

Como participar?
Mira o luns 4 a mensaxe que aparece no buzón (estará colocado nos estantes da cafetería)
 Averigua de que lingua se trata
Escribe a resposta nun papel, onde debes incluír tamén o teu nome completo
 Repite a operación o martes e os días sucesivos ata o remate do concurso (10 días)

Anímate a participar!!!!

O xoves 21 de decembro publicaremos os nomes das persoas gañadoras (aqueles que acerten todas as linguas)

Por suposto, en cada territorio a lingua primeira, nos afectos e nos usos, ha de ser a lingua propia desa terra.  Amemos, coidemos e, sobre todo, empreguemos a nosa lingua