Programa 0 da radio do ENDLG

Xa está aquí o programa 0 da radio do Equipo de Dinamización da Lingua do Aquis, que vén cargadiño coas seguintes seccións: 


– Como din coa lingua no Aquis?
– Entrevista a unha profesora de fóra de Galicia. 
– E ti que opinas?
– Especial do Día Internacional da Poesía.
– Despedida e reflexión final. 

Esperamos que vos guste!

Go to download

O día da Candeloria

Onte, 2 de febreiro, celebramos o amor no día da Candeloria.

Aquí vos deixamos a explicación da palabra candeloria e o significado desta festa que atopamos no “Portal das palabras” para que entendades porque cambiamos a celebración do día 14 de febreiro pola do día da Candeloria.

Como sabedes, neste día repartiamos unha postal para que cadaquén puidera escribirlle unhas letras ao/á seu/súa namorado/a xa que o Equipo de Normalización encargábase de facerlla chegar. Mais, debido á pandemia, evitamos que as postais se intercambiaran e o Equipo de Normalización entregounas con propostas de frases para namorar. Velaí as tedes:

Aos quatro ventos

O EDNLG do Aquis Celenis colaborou neste proxecto intercentros, promovido desde o ENDLG do IES Milladoiro, para gravar parte da obra (poesía, narrativa, ensaio e teatro) de Carvalho Calero. Velaí o resultado:

Listaxe de reprodución de poesía:

Dentro da listaxe de 25 vídeos podedes escoitar este no que participan Diego, Claudia e Ana de 2º Bacharelato, cos poemas Reticencias Velho Patrom e Amigo:

Listaxe de reprodución de ensaio. Un percorrido pola súa obra: Historia da Literatura Galega Contemporánea.

Estes son os parágrafos nos que participan Laura (1º bacharelato) e Ana (2º bacharelato):

Listaxe de reprodución de narrativa con fragmentos das obras: A xente da Barreira, As pitas baixo a choiva e Scórpio.

Listaxe de reprodución de teatro, sobre as pezas: O auto do prisioneiro e A farsa das zocas