Comezou o mes de maio.
E que ocorre cando empeza maio?…. Que hai unha nova edición da Festa da Lingua, a grande festa dos centros da contorna coa que a Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega Terras do Umia quere premiar e celebrar o traballo en prol da nosa lingua.
Foi este venres 6 na azucreira de Portas.
Houbo moitos premios. A poeta Miriam Ferradás entregou agasallos aos gañadores dos concursos de microcreación, microrrelatos e micropoemas.
E houbo moita e boa música, que era unha festa!!! Os centros prepararon as súas actuacións a conciencia e puxéronllo moi complicado á xurado, Guadi Galego.
E houbo sorpresa final co baile tradicional e a cantiga en éuscaro co que nos agasallaron os alumnos do centro Lauaizeta BHI de Donostia que están de intercambio no Aquis.
E houbo un novo premio Lingumia. Este ano quíxose premiar a defensa da lingua nos medios de comunicación e entregóuselle o galardón á canle de TV Rías Baixas.
O noso centro recibiu catro premios nos microtextos. Parabéns a Uxía Silva (2ºESO), Enara González (1º Bach), Mariña Martínez (1º Bach) e ao noso “vice”, Pedro Lamas!!!!!!
No concurso musical Sondoumia estivemos esplendidamente representados co grupo “Os Rumorosos” e o tema da sua creación “Só quero axudar”. Non houbo sorte e desta volta o premio foi para o IES de Barro… Non se pode gañar sempre!!! De todos os xeitos, Néstor, Cristian, Pablo e Varela, queremos felicitarvos polo traballo ben feito e a gran actuación que nos regalastes. Sodes uns artistas!!!!
Así recollía o acto a premiada Rías Baixas: