Foise, foise un grande das letras. Foise o sorriso aldeán de Balbino. Fóisenos para sempre el.
Destacou como loitador, como persoa, pola tenaz paixón por Galicia, pero sobre todo, polo seu maxistral manexo da tinta, polas historias nas que nos mergullabamos en outras épocas co Lelo ou co Moncho e experimentabamos en terras alleas, aló ao lonxe, na América.
Deixou unha pegada no antes e despois da nosa Literatura, cultivada por autores do seu calibre e deixou un espazo no miolo para a reflexión.
Xosé Neira Vilas, non se foi de todo, está e estará ligado a nós para sempre, á nosa terra, á nosa xente. Deixounos unha parte dos seus tesouros máis prezados, os seus relatos. Quédanos ata a fin dos séculos o seu verdadeiro ser, o seu valor en cada letra e puntos aparte en vez de puntos finais.
Permanecerás na nosa historia, porque fuches e serás sempre historia.
‘’Un rapaz da aldea, coma quen di, un ninguén’’.
Sempre no recordo,
Xosé Neira Vilas
DEP
Autora: Blanca Barros Rubines (alumna de 4ºESO)
Blanca Barros con Xosé Neira Vilas