FEITO A conCIENCIA

Van chegando os vosos interesantísimos vídeos con experimentos científicos!

Nesta primeira entrega podemos ver os vídeos realizados por Cristina Iglesias, que experimenta coa electricidade estática que se produce ao refregar un globo con la, e por Blanca Barros que demostra que o fume non ascende porque sexa máis lixeiro que o aire, senón que é arrastrado polas correntes de convección, por iso ao afastar o fume do foco de calor, este descende polo seu peso.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO!

Deixar un comentario