A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o III concurso de cancións en galego “Son do Umia” (curso 2014-2015). Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Categorías:
Haberá dúas categorías:
- Infantil e Primaria
- ESO e Bacharelato
Bases:
- Poderase participar como solista ou como grupo.
- Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
- As cancións teñen que estar en galego.
- Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
- Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
- Poderán participar integrantes de diferentes etapas educativas no mesmo grupo (nese caso participarán pola categoría b)
- Presentaranse as gravacións en formato WAV, Mp3 ou nun formato audiovisual (compatible cos programas máis habituais como VLC ou WMP)
Prazo e fases de presentación
Fase previa
- Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
- Cada centro presentará un máximo de dúas gravacións por categoría para a fase final.
- O prazo de presentación remata o venres 13 de marzo de 2014
Fase final
- As e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da Lingua” e alí coñeceranse as/ os premiadas/-os
Xurado
Un xurado nomeado pola coordinadora Terras do Umia designará as persoas que gañaron o concurso na Festa da Lingua. Valorarase a orixinalidade das composicións.