“Con outubro chega a Santiago Compostela a vixésima edición de WOMEX, a maior feira internacional das músicas do mundo, que vén de facer público o seu programa completo. Terá lugar do 22 ao 26 de outubro, e nela atoparanse 300 artistas, entre eles os galegos Uxía e Davide Salvado, ademais do zanfonista residente en Galicia Germán Díaz.”