A coordinadora comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o II concurso de cancións en galego “Sondoumia” (curso 2013-2014). Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas :
Categorías:
Haberá dúas categorías:
a) Infantil e Primaria
b) ESO e Bacharelato
Bases:
- Poderase participar como solista ou como grupo
- Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción
- As cancións teñen que ser en galego.
- Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
- Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
- Se nun grupo hai integrantes das dúas categorías participarán na categoría b.
- As gravacións presentaranse en formato WAV ou MP3
Prazo e fases de presentación:
Fase previa
Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
O prazo de presentación remata o xoves 6 de marzo.
Fase final
As e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da Lingua” (concederase un primeiro premio e un accésit en cada categoría)
Xurado:
Un xurado nomeado pola coordinadora Terras do Umia designará as persoas que gañaron o concurso na Festa da Lingua.