Estes son os últimos traballos presentados ao concurso de fotos terroríficas con frase arrepiante, axudádenos a escoller comentando cal é a que máis calafríos provoca no voso corpiño…
A cousa que máis medo me dá no mundo son as arañas.
O que máis medo me dá é…
O que máis medo me dá é que me acoitele unha rapaza tola nos
corredores do instituto.
O que máis medo me dá é quedar sen bocadillo de tortilla nos recreos.
O que máis medo me dá é que unha amiga miña sexa acosada por un espíritu xaponés que a obrigue a suicidarse.