APOIEMOS ÓS MEDIOS EN GALEGO!

Apoiamos aos medios de comunicación en galego non só porque contan as nosas historia,senón porque o fan en galego e cando o máis doado é deixar abandonada a esta lingua, que tantos falan e ninguén quere defender.Para vivirmos o día a día compre estarmos informados, sempre de forma plural, e por iso acudimos a estes vieiros que cada vez é máis dificil atopar. Tódalas linguas sás teñen os seus propios vieiros, e se non están tan sás se lles axuda dende institucións e dende a propia cidadanía. Non podendo contar cos primeiros dada a crise e a que son prioritarios os medios conservadores en castelán, debemos MOBILIZARNOS NÓS, sen chorar cando desaparezan senóndesfrutando a súa existencia. Non é lóxico que cando están normalizados ámbitos como a ciencia e a tecnoloxía, onde se partía en desvantaxe, en Galicia se pase de non ter case ningún medio en galego a non ter ningún, cando máis da metade da poboación fala galego! Pois ben, esperemos que ese millón e medio de persoas tome conciencia do que ten e o utilice con normalidade.

APOIA A “PRAZA PÚBLICA” E “SERMOS GALIZA” XORNAIS EN GALEGO.