XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO – CARLOS CASARES

Nembargantes, sobes de novo, acendes e buscas algo novo que dicirlle, pero novamente regresas porque o muro do seu rostro evidencia unha seguridade impenetrable. Entón pensas que é mellor gardar silencio, renunciar a seguir loitando, aceptar os feitos consumados, erguerte, dicir adeus, saír á rúa  e buscar debaixo dos aleiros dos tellados o amparo contra a chuvia que está caendo no momento en que do reloxo da catedral baixan doce bateladas.