Dentro das actividades realizadas no Aquis para a celebración do Día das Letras, o alumnado de 1º ESO traballou arreo para crear este fantástico programa sobre Xela.
Escoitade, escoitade!

O escritor Carlos Negro, autor de libros como Makinaria ou Penúltimas tendencias pasou polo Aquis para realizar un taller co alumnado e tamén foi entrevistado polo ENDLG.
Velaí vos deixamos o podcast desa entrevista:
E xa que estamos a falar de Carlos Negro, dúas alumnas de 3º ESO, Águeda e Valeria, crearon este videopoema a partires de Adolescencia (poema deste autor):
Xa está aquí o programa 0 da radio do Equipo de Dinamización da Lingua do Aquis, que vén cargadiño coas seguintes seccións:
– Como din coa lingua no Aquis?
– Entrevista a unha profesora de fóra de Galicia.
– E ti que opinas?
– Especial do Día Internacional da Poesía.
– Despedida e reflexión final.
Esperamos que vos guste!
O EDLG comparte con todos vós o fantástico programa de radio gravado polo Grupo de Igualdade do Aquis para reinvidicar a loita polos dereitos das mulleres no 8 de marzo: