O pasado martes 28 de setembro comezou o traballo do Equipo da Lingua neste curso 2021-2022.
Ademais de profesorado, vinte alumnas e alumnos quixeron implicarse na tarefa de seguir afondando na identificación do Aquis Celenis co prestixio da lingua a través da creatividade, a innovación, …
Presentáronse as liñas de traballo para os seguintes meses: implicación no proxecto interdisciplinar Poesía para pasear o mundo, na radio Ferven as ondas, na revista Ruxe Ruxe, en campañas e actividades de promoción da lingua (propias ou da Coordenadora comarcal): o voluntariado lingüístico, a Semana das Letras, a Festa da Lingua, …
Se queredes achegar algunha suxestión ou proposta podedes facelo:
Asistindo as xuntanzas que teremos os martes á hora de xantar, cada dúas semanas, no propio centro. O Equipo está sempre aberto a novas incorporacións!
A través do noso enderezo de correo electrónico: aquisfalamos@gmail.com
En Instagram: @aquisfalamos
Avante coa lingua!
dav dav dav dav dav