
Chegounos información acerca do XII Certame de Cinema Ouff Escola, concurso convocado pola Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa SXPL, co obxectivo de potenciar a creatividade audiovisual en galego.
Poden presentarse todos os centros públicos, concertados e privados, tanto de Galicia como do exterior, que impartan a materia de Lingua Galega. A inscrición debe formalizarse antes do 5 de xullo. Podedes acceder a máis información en: https://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias?content=/Portal-Lingua/Contido/convocatoria/Premios/convocatoria_0128.html