Parabéns, Ana!

Hoxe temos a ledicia de publicar que Ana Loureiro Sánchez , de 2º Bacharelato, gañou o segundo premio no concurso Lingua de namorarcon este marabilloso poema:

 

Primavera

Hai margaridas

crecendo no meu peito,

xogas con elas cando me ispo

e escápaselles que te quero.

da280d53ae3cf47e34a198105abc4870_L

 

Non somos espellismos;

só un oasis no deserto.

Esfollando margaridas

volvo a agosto e ao mar,

á calor e á roupa no chan,

a dous corpos nun abismo.

Traes co vento a primavera

e fas mudar as estacións.

 

Aquí vos deixamos a interpretación de  Xermán Bugallo:

PARABÉNS, Ana!!!!

Un comentario en “Parabéns, Ana!

  1. Pingback: Ana Loureiro de 2º Bach D gaña o 2º premio de poesía no Concurso “Lingua de namorar” – tI ES Aquis

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s