Os departamentos de Física e Química, Lingua Galega e Plástica organizan para a semana do 10 ao 15 de febreiro unha exposición de mulleres galegas científicas e un concurso para atopar faltas de ortografía nos carteis (feitos polo alumnado de 2º e 3º de ESO).
Para participar colle o teu impreso en conserxería, cúbreo e deposítao na caixa de respostas. Cada día elixirase unha das papeletas como gañadora; o premio será un bocata e unha auga gratis na cafetería.