Tíralle da lingua

 

O IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis vén de gañar hoxe, 28 de novembro, o 1º premio no XVIII Concurso de relato oral “Tíralle da Lingua” en 2 categorías diferentes, 1º Premio para Sergio Monteagudo de 2º ESO (categoría 1º Ciclo de ESO) e 1º Premio para Lidia Landín e Adriana Caldas de 1º Bach (na categoría de 4º ESO e ensino postobrigatorio). No certame participaban máis de 30 centros de toda Galicia. Tivo lugar no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, ante centenares de alumnos e alumnas asistentes. O concurso organizado pola AS-PG (Asociación socio-pedagóxica Galega) e a Deputación da Coruña é de gran prestixio na comunidade educativa. Os alumnos/as premiados/as recibirán un premio de 250 € por cada categoría, esa mesma cantidade tamén será recibida polo noso centro.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s