Desde o ENDL do Aquis queremos darvos a benvida a todas e todos a este Club onde todo é moi Normal e moi Dinámico…
Hoxe, no recreo, no Salón de Usos Múltiples teremos a primeira reunión co alumnado interesado en participar na normalización e dinamización da nosa lingua e tamén noutros Club do centro nos que estaremos colaborando, como o Club de Lectura e o Club de Letras.
Temos moitas ideas para desenvolver este curso, por exemplo retomar o E ti que opinas?, participar no Obradoiro de regueifas, seguir coas Titorías Lingüísticas, que tan bo resultado deron o curso pasado, participar no SondoUmia, na Festa da Lingua, na elaboración do Caldeirada e do Ruxe Ruxe… e, tamén, empezar proxectos novos: crear e dinamizar un espazo de radio no centro, participar nos premios Mil Primaveiras Máis, dinamizar cada mes o uso da lingua nunha entidade da nosa contorna… todo o que nos propoñamos!
Queremos contar contigo!
Empezamos…