O que sei do silencio

A Cintia, Laura, Inés e Carla pareceulles moi boa idea isto de facer un booktrailer para presentar a un concurso. Non lles importaba gañar ou perder, pero traballar coas TICs  sobre un libro que leran e lles gustara moito, podía ser moi interesante. Puxéronse mans a obra e aí está o resultado. Que vos parece? A que o fan moi ben estas mozas!!