Breve, pero bonito! Así definiriamos a experiencia de hoxe no CEIP San Clemente. Os pequenos e pequenas de infantil e 1º ciclo de primaria estiveron atentísimos aos contos que lles lero as nosas rapazas colaboradoras do equipo de dinamización: Laura, Cintia, Carla Lorenzo, Inés, Anaís e Carla Navarro. A escolla dos contos tivo moito que ver: O grúfalo, A horta de Simón e Ernesto, bo día! Mais, o mellor foi a súa lectura dramatizada, tan boa que ao rematar ningún dos nenos se erguía das cadeiras, senón que agardaban por outro.
Para algunha das contadoras, ademais, foi moi emocionante volver ao seu antigo colexio e reencontrarse cos seus profes.
Que ben mozas! Para o próximo curso repetimos.
Pingback: Contada no CEIP San Clemente | IESCaldasLetras