A Coordinadora Terras do Umia decidiu crear un concurso de relato oral, contacontos, monólogo, recitado… sen axuda de texto escrito.
As bases son as seguintes:
1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou de creación propia.
2ª As historias contaranse en galego.
3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista…)
4ª Os/as participantes concursarán individualmente, pero sempre respectando o tempo máximo por actuación que será de 3 minutos. A superación dese tempo pode supoñer a descualificación.
5ª O concurso vai destinado a dous niveis académicos: 1) Primaria 2) Secundaria
6ª Cada centro poderá presentar un participante por cada categoría.
7ª O xurado deste ano será a actriz e humorista Isabel Risco.
8ª O prazo de presentación será o 16 de abril de 2018.
No Aquis faremos unha fase clasificatoria na primeira quincena de abril.
A que esperades? Buscade tema, dádelle forma para contalo con graza e poñédevos a ensaiar!!!!!