Concurso “Son do Umia”

A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o
VI Concurso de Cancións en galego “SON DO UMIA” (curso 2017-2018).
Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal CARTAZ SONDOUMIA 2018“Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.

Categorías:
Haberá dúas categorías:
A: Infantil e Primaria / B: ESO e Bacharelato
Bases:
Poderase participar como solista ou como grupo.
Cada grupo ou solista poderá presentar unha canción.
As cancións teñen que estar en galego.
Poden ser temas propios ou versións de temas coñecidos.
Poderán participar integrantes de distintos centros nun mesmo grupo.
Poderán participar integrantes de diferentes etapas educativas no mesmo grupo (nese caso participarán pola categoría b)
Presentaranse as gravacións en formato WAV, Mp3 ou nun formato audiovisual (compatible cos programas máis habituais como VLC ou WMP)
Prazo e fases de presentación
Fase previa
Entregaranse as gravacións a integrantes do Equipo de Dinamización de cada centro.
Cada centro seleccionará un máximo de dúas gravacións por categoría para a fase final.
O prazo de presentación remata o venres 13 de abril de 2018
Fase final
As e os finalistas interpretarán as súas cancións na “Festa da Lingua” e alí coñeceranse as/ os premiadas/-os
Un xurado formado polas compoñentes do grupo de música tradicional Tanxugueiras designará as persoas que gañaron o concurso na Festa da Lingua. Valorarase a orixinalidade das composicións.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s