En Europa fálanse máis de 100 linguas, moitas delas minorizadas e en risco de desaparición.
Acotío quere transmitirsenos a idea de que hai linguas máis importantes porque teñen máis falantes ou porque pertencen a pobos con máis poder. Mais nós reivindicamos que todas as linguas deben ter iguais dereitos, pois son o legado fundamental dos antepasados de cada pobo
No EDLG queremos visualizar a diversidade lingüística e que esta riqueza nos invite a valorar o feito de ter una lingua de nós , creada ao longo dos séculos como seña de identidade do noso pobo, a alma da terra.
Por iso animámosvos a todas/os a participar no concurso das linguas de Europa FALA COMIGO que comezará o vindeiro luns día 4 de decembro e rematará o mércores 20
Trátase de averiguar en que lingua, falada en Europa, está a mensaxe “fala comigo” escrita no adhesivo que vai aparecer cada día no buzón do EDLG
Como participar?
Mira o luns 4 a mensaxe que aparece no buzón (estará colocado nos estantes da cafetería)
Averigua de que lingua se trata
Escribe a resposta nun papel, onde debes incluír tamén o teu nome completo
Repite a operación o martes e os días sucesivos ata o remate do concurso (10 días)
Anímate a participar!!!!
O xoves 21 de decembro publicaremos os nomes das persoas gañadoras (aqueles que acerten todas as linguas)
Por suposto, en cada territorio a lingua primeira, nos afectos e nos usos, ha de ser a lingua propia desa terra. Amemos, coidemos e, sobre todo, empreguemos a nosa lingua