Sermos iguais na diferenza!

No Aquis puxemos moito empeño este ano na celebración do día para a Eliminación do Maltrato. E, como pensamos que a mellor arma para eliminar a violencia de xénero é educar na igualdade, hoxe temos o centro cheo de exposicións de traballo feito durante varios días en diferentes materias!!
O EDNLG tamén quixemos colaborar co vídeo “Sermos iguais na diferenza” no que queremos destacar que nun mundo no que hai unha gran diversidade (de linguas, de estruturas familiares, de gustos e afeccións, de ideas…) todos/as somos iguais en dereitos e debemos reclamar respecto e igualdade de oportunidades.
Quixemos que no vídeo aparecesen todas as linguas diferentes faladas por xente da nosa comunidade escolar para reflectir a diversidade lingüística no mundo e transmitir a idea de que todas as linguas son iguais en dereitos e ningunha pode considerarse mellor cá propia de cada lugar. A nosa lingua, por ser nosa, é un dos legados máis importantes que temos e ninguén pode prohibirnos empregala en todas as situacións e con todas as persoas. Temos iguais dereitos e debemos reclamalos!

Aquí o tedes:

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s