CO CORAZÓN NA LINGUA

cocorazonnalingua2Como cada ano, ao achegarse o 14 de febreiro, animámosvos a facerlle as beiras a aquela persoa que vos enche o ollo. Na nosa lingua, claro.

Declaracións románticas ou orixinais, mensaxes de amor que precisan de moitas verbas ou que se poden condensar en moi poucas….. Vós veredes.

Nós procurámosvos o soporte, unha tarxeta co deseño que Lois Gil Magariños realizou expresamente para o lema deste ano “Co corazón na lingua”. Nela tendes unha morea de palabras que podedes empregar.

Xa sabedes doutros anos que podedes participar no concurso de textos de amor ou simplemente escribir unha mensaxe para que o equipo de dinamización lla entregue ao destinatario o día dos Namorados.

Temos a lingua no corazón e, cando falamos de amor, imos co corazón na lingua

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s