A Coordinadora Comarcal de Equipos de Dinamización da Lingua Galega convoca o Concurso de Microtextos do curso 2016-17. Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Bases do concurso:
- Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
- Sección de Micropoemas: O texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de oito.
- Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
- Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
- A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “BILLA”.
- Cada centro realizará unha fase previa na que seleccionará dous finalistas por categoría e sección.
- No IES Aquis Celenis o prazo límite para enviar os textos será o venres 10 de marzo de 2017.
Categorías:
- A: Infantil
- B: Primaria
- C: Secundaria
- D: Bacharelato.
- E: Profesorado, persoal non docente e familias.
Premios:
Un xurado formado polos coordinadores/as dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos distintos centros participantes e pola poeta Míriam Ferradás, concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria.
Para participar no concurso de Microtextos debes enviar o teu traballo dende a seguinte ligazón: