Día da Ciencia en Galego… no Aquis

Hoxe, 29 de novembro, celebraremos o día da Ciencia en Galego no Aquis.

Pola mañá teremos a honra de recibir a José Benito Vázquez Dorrío.

Licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1990. Doutor en Física pola Universidade de Vigo no ano 1996. Profesor Titular de Universidade do Departamento de Física Aplicada desde 1998 con docencia nas materias de Física nas titulacións de Enxeñaría da Universidade de Vigo desde 1991, entre elas na Escola Técnica Superior de Enxeñería de Minas.

Responsable do Equipo de Aprendizaxe Manipulativo da Física da Universidade de Vigo desde 2011. Tedes que botar unha ollada e esta web na que aparecen multitude de experimentos relacionados coa física, algúns deles semellan máxicos!   http://www.clickonphysics.es/

Vicepresidente da Asociación Ciencia Manipulativa (Hands-on Science) organizadora, entre outros, dun congreso anual que reúne a axentes do aprendizaxe formal e informal da Ciencia a nivel internacional desde 2004.

… o seu currículo é inmenso! Dará unha conferencia práctica sobre Física Re-creativa ao alumnado de 1º de Bacharelato e, tamén nos trae ao centro a Exposición Itinerante“Recursos naturais de Galicia” Cinco paneis adicados aos diferentes tipos de en enerxía (dos ríos, a eólica, a xeotérmica, a solar, a da biomasa), ao granito, aos materiais… Paga a pena que vos deteñades a vela.

 

E…. pola tarde… para o alumnado de ESO, como vén sendo habitual, haberá experimentos científicos coordinados pola profesora de Física e Química, María Sánchez Ameijeiras!!!!

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s