Onte foi o Día da Ciencia en Galego. Pero nós ímoslle adicar o mes enteiro, que ben o merece. Porque nos gusta que a Ciencia, coma todo o demais, se poida desenvolver na nosa lingua. Con total normalidade.
Este ano, declarado pola ONU “Ano Internacional dos Legumes”, o Día da Ciencia dedícase á Bioloxía e, máis concretamente, á Xenética.
Destácanse as figuras do pai da Xenética, Mendel (xa sabedes, o dos chícharos verdes e amarelos, lisos e rugosos) e, no ámbito galego, o enxeñeiro agrícola e xenetista Cruz Gallástegui, primeiro director da Misión Biolóxica de Galicia, un centro de biología aplicada á mellora da agricultura.
Pois ben,
• O noso mes da Ciencia en Galego iniciámolo o xoves coa visita do alumnado de 4º precisamente á Misión Biolóxica de Galicia, situada en Salcedo, Pontevedra.
• Continuará cunha pequena exposición sobre estes dous persoeiros da Xenética.
• Ao longo do mes, profes de Ciencias e alumnado colaborador co Equipo de Dinamización prepararán divertidos experimentos para sorprender ao alumnado máis novo do centro o día 29.
• Ese mesmo día, 1º de Bach. asistirá a unha amena charla con experimentos en vivo impartida polo equipo de Clikonphysic, da Escola de Enxeñería da Universidade de Vigo. A Ciencia achegada a nós de xeito práctico.
Cremos que vai pagar a pena.
Gozade da ciencia. En galego, naturalmente.
Dende logo que pagará a pena, parabéns!
GústameGústame