Hoxe, no Auditorio da Azucreira de Portas, xuntámonos os centros da comarca para facerlle unha boa festa a nosa lingua. As presentadoras, Blanca e Uxía, fíxeron un grandísimo traballo, improvisando, saíndo ao paso dos erros de organización, inevitables coma sempre.
Parabéns ás dúas polo voso entusiasmo!
Léronse os poemas e relatos inspirados pola palabra “devagar” escollidos pola escritora Andrea Maceiras como os mellores de todos os que se presentaron ao “Concurso de Microtextos Terras do Umia”. Escoitamos os temas seleccionados polos centros para participar no concurso de cancións en galego “Sondoumia” e puxéronllo moi difícil a Amós Varela (batería de NAO) para escoller os traballos gañadores. Tamén se fixo entrega do “Lingumia 2016”, premio á implicación no uso do galego no sector xurídico, ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº 1 de Caldas e, na súa representación, á xuiza Encarnación Dasi Dorelle.