Fai unhas hora que Ana, Lía, Isabel e Enara falaron en directo para Radio Caldas, dende a Biblioteca Municipal, nun programa especial que se ven facendo hai anos para celebrar o Día do Libro.
Ana recomendou a lectura do libro “A miña planta de laranxa lima” de José Mauro de Vasconcelos aínda que sexa “un libro moi triste”. Lía falou de “Escarlatina, a cociñeira defunta” de Ledicia Costas, un libro que xa vai pola súa sétima edición e que levou unha chea de premios, entre eles o Premio Nacional de Literatura Infantil, 2015. Isabel explicou como algúns dos poemas de “Penúltimas tendencias” de Carlos Negro conectaron cos seus sentimentos dun xeito moi especial e, para rematar, Enara comentou que “Vidas post-it” de Iolanda Zúñiga supuxo para ela unha lectura interesante pero sinte que terá que relela no futuro para atoparlle “todo o sentido” aos relatos que configuran esta obra.
As nosas valentes lectoras estiveron moi ben nas súas intervencións e queremos felicitalas ben alto: