“Cos seus defectos e as súas virtudes, o portal da ciencia galega trata de facer iso: xornalismo. Sen renunciar a complementar os seus contidos coa fotografía, co vídeo e mesmo coas curiosidades da ciencia, pero procurando non perder nunca o rigor. E cunha aposta cada vez maior polo idioma galego. Todos os contidos de GCiencia están na actualidade escritos no idioma de Galicia, para se complementar con series de reportaxes trilingües que engadan o castelán e o inglés como linguas de referencia.”
NON DEIXEDES DE VISITALO!