Aquí deixamos unhas recomendacións:
- Lembra que a maioría dos avances en investigación adoitan basearse en traballos anteriores. E iso está ben. O primeiro que debes facer é buscar información.
- Independentemente de que o experimento que presentes sexa de ciencia ou de enxeñería, comprobaremos se o método empregado é o axeitado. Lembra que podes presentar un bo experimento aínda que os resultados non sexan os esperados. Aprender dos erros é parte do éxito. Só tes que asegurarte de comentalo e de suxerir posibles melloras.
- Debes explicar o teu experimento dunha forma clara e concisa para que todo o público poida entenderte, pero sen renunciar ao rigor científico.
- Podes comezar a inspirarte visitando http://www.clickonphysics.es/cms/?page_id=8&lang=Ga