O 22 de setembro fixéronse públicos en Santiago de Compostela os galardoados nos Premios da Cultura Galega 2015.
“No apartado de Lingua o galardón deste ano é para a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, unha entidade creada en 2009 coa intención de coordinar actividades e experiencias e de servir de canle para as iniciativas, inquietudes e propostas relacionadas coa nosa lingua como parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade. Está formada por equipos de centros públicos, privados e concertados, así como por profesionais do ensino que teñen como principio fundamental a promoción da lingua galega.”
A CGENDL decidíu rexeitar este premio por coherencia:
“Os actuais membros do Consello Directivo da CGENDL non iremos recoller este premio, pois non nos presta vestir con traxe de gala en tempos que requiren roupa de faena. Porque as nosas fillas e fillos, que desexamos plurilingües, teñen dereito a escoitar máis galego dentro e fóra das aulas, para non condenalos á ignorancia de non saber de onde son nin de onde veñen. Porque non hai progreso sen memoria nin liberdade sen conciencia da propia identidade.”
Podes acceder ao comunicado completo premendo na imaxe