Compartimos con vós a mensaxe que nos envian:
“Queridos amigos e compañeiros:
Como ben sabedes, dende o IES PINTOR COLMEIRO de Silleda, cada ano organizamos unha nova edición do concurso O VIDEOGHIT.
Este concurso de edición de vídeos musicais, que xa vai pola quinta edición, pretende dar a coñecer a música que se fai en galego na nosa terra, animando ao alumnado a elixir unha canción e montar un videoclip con esa base musical.
Aínda que só faltan 20 días para a entrega de premios, que terá lugar en Silleda o 22 de maio, queremos animarvos a participar.
Podedes ver os concursantes deste ano (e dos anteriores),así como as bases na nosa web:
Animádevos, é una iniciativa moi divertida e que despois se concreta nun recordo especial para todos os que participan.
Apertas para todos.”
Á canción doulle un 10 pero o de gravar no cemiterio non me gustou.
GústameGústame