A utopía está no horizonte. Camiño dous pasos, ela afástase dous pasos e o horizonte corre dez pasos máis aló. Entón para que serve a utopía? Para iso, serve para camiñar.
Eduardo Galeano
“Eduardo Galeano, de 74 anos de idade, finou este luns en Montevideo, por mor dun cancro de pulmón que arrastraba dende había anos e polo que fora ingresado nos últimos días. Morre o mesmo día que Günter Grass, a case doce mil quilómetros un do outro, nun triste día para as letras universais”