Aplicación desenvolvida pola Fundación Barrié e a Real Academia Galega sobre a base do dicionario desta última.
Esta aplicación, gratuíta, totalmente operativa e libre de publicidade, contén máis de 50.000 termos coas súas definicións, sinónimos, antónimos, exemplos e pronuncia da maioría das entradas. É unha ferramenta pensada para o día a día das persoas que falan e escriben en galego e pode ser de grande axuda no mundo educativo.
A “app” funciona sen necesidade de estar conectada. (Apenas a pronuncia dos termos, conxugador verbal e a Palabra do Día requiren ligar cunha rede wifi ou de datos celulares).
Características:
* Busca con texto preditivo
* Definicións, sinónimos e antónimos
* Conxugador verbal
* Pronuncia dos termos
* Exemplos de uso de palabras e expresións
* Histórico de buscas recentes
* Garda as túas palabras favoritas
* Conexión co Portal das Palabras para amosar a Palabra do día
* Posibilidade de compartir termos (Facebook, Twitter, …)
* Sacudindo, o móbil propón un termo
PREME NA IMAXE PARA IR Á PÁXINA DE DESCARGAS DO PORTAL DAS PALABRAS