“Guadi Galego está de regreso. Vén de publicar Lúas de outubro e agosto, o seu segundo álbum en solitario tras Benzón (2009) e despois de ter participados en proxectos colectivos tan celebrados como Nordestinas, Espido e a Cada Canto. Lúas de outubro e agosto (Fol Música) ponse á venda este martes 25, pero xa dende hai unhas semanas adiantou o seu primeiro tema e vídeo, Matriarcas, un canto ás mulleres galegas”