A CIENCIA É DIVERTIDA

Hoxe pasámolo de medo celebrando o Día da Ciencia en Galego. Tivemos con nós ao grupo de robótica do CPI dos Dices de Rois contándonos como foi a súa experiencia na participación no proxecto de google “moonbots”. Quedamos abraiados co proxecto que presentaron e co nivel de implicación do alumnado do equipo.

PARABÉNS POLO VOSO TRABALLO, ÁNXELA, ANDREA, NATALIA, MIRIAM E ALEXANDRE!!!

moonbots

Pola tarde, un clásico, os experimentos científicos. Este ano estiveron nas mesas de experimentos acompañando ao profesorado, Blanca Barros e Diego González, participantes do concurso “Feito a conCIENCIA”, lástima que Eric Figueiras non se animou…

Os experimentos forón un éxito e máis de un e de unha quedou coa boca aberta : )

MAÑÁ POÑEMOS AS FOTOS!

POLO DEREITO DE GOZAR DA CIENCIA EN GALEGO!!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s