Poderán participar todos os centros educativos que integren a Coordinadora Comarcal “Terras do Umia” dos concellos de Barro, Caldas de Reis, Cuntis, Moraña e Portas.
Bases do concurso:
– Sección de Microrrelatos: O texto presentado debe de ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
– Sección de Micropoemas: o texto presentado debe constar dun mínimo de dous versos e un máximo de catro.
– Poderase participar nunha sección ou nas dúas.
– Cada persoa só poderá enviar un texto para cada sección.
– A temática será libre, mais debe aparecer necesariamente a palabra “NORTE”.
O prazo límite para enviar os textos será o xoves, 31 de xaneiro de 2013.
– Categorías:
A: Infantil
B. 1: 1º ciclo de primaria.
B. 2: 2º ciclo de primaria.
B. 3: 3º ciclo de primaria
C: Secundaria
D: Bacharelato.
E: Profesorado, persoal non docente e familias.
Premios: un xurado formado polos coordinadores/as dos Equipos de Dinamización da lingua galega dos distintos centros participantes e por unha persoa de recoñecido prestixio no mundo literario, concederá un premio comarcal por categoría. Valorarase a orixinalidade e creatividade, así como a calidade lingüística e literaria. Os EDLG poderán conceder premios aos finalistas dos seus centros.
Os traballos premiados en todas as categorías, así como os finalistas dos distintos centros, serán expostos nas rúas dos Concellos participantes co nome do autor e do centro, dentro da programación cultural dos respectivos concellos. Tamén aparecerán nos blogs e páxinas webs dos centros educativos participantes, así como nas respectivas revistas escolares.