FESTA DA LINGUA

Un ano máis, os equipos de dinamización da comarca “Terras do Umia” organizaron a Festa da Lingua para entregar os premios aos participantes nos concursos de microtextos que convocan, para homenaxear aos empresarios da comarca que usan o galego e, sobre todo, para celebrar que temos unha lingua propia.

Neste caso celebrouse o día 4 de maio no auditorio municipal e a ela acudimos alumnos e alumnas de todos os centros implicados, no noso caso fomos os rapaces e rapazas que formamos parte do equipo, os/as finalistas do noso centro no concurso de microtextos e os compañeiros e compañeiras de aula de Antía González Barral, xa que ela foi a gañadora dos premios de microrrelatos e micropoemas (dous) da categoría de bacharelato; tamén premiaron á nosa profesora Ana Rial na modalidade de microrrelatos na categoría de profesorado.

O acto estivo dirixido polo noso compañeiro de 2º de bach. Pablo González (un profesional!!!) que xa ten experiencia nisto e parece que naceu enriba dun escenario.  A festa estivo amenizada polas actuacións do grupo Track 01 (de Cuntis) do que forma parte o noso compañeiro Sámer  (guitarra) e ao que lle fixo de vocalista o compañeiro  Ramón,  e tamén actuaron profesoras/as dos distintos

centros que ademais fixeron unha lectura musicada dos textos gañadores no concurso, o que lle deu bastante emoción ao acto porque os/as finalistas non sabían que gañaran ata que escoitaban o seu texto musicado.

Ademais puidemos gozar da actuación da contacontos Raquel Queizás que nos contou unha bonita historia e nos deu a coñecer a palabra clave do próxima edición do concurso: papaventos, xa podedes ir comezando a escribir…  E por se todo isto fose pouco, tivemos o privilexio de contar coa presenza dunha das escritoras galegas máis importantes: Fina Casalderrey, que foi  o xurado que seleccionou os textos gañadores e que entregou os premios.

Pero non foron os únicos premios que se entregaron, tamén xa cara ao final da festa, os equipos entregaron o Galegumia do ano á empresa Carqueixa Téxtil  para recoñercelle o seu compromiso coa lingua galega. Esta candidatura, segundo nos explicaron, foi proposta polo alumnado do noso instituto logo de facer un exhaustivo traballo no que comprobaron o uso do galego nas empresas  de Caldas. E foron as alumnas que a propuxeron, xunto coa coordinadora de Terras do Umia, quen lle entregou  o premio.

O acto, ao que tamén asistiron representantes do Concello, está consolidándose xa (esta era a 3º edición) e a proba está na cantidade de prensa que asistiu para cubrir a noticia. Nós acreditamos que o pasamos moi ben (era unha festa!) e agardamos xa pola do próximo curso.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s